Casa da Lectura publicado por

Contos e xogos populares na Casa da Lectura

Contos e xogos populares na Casa da Lectura

Mañá mércores, 8 de xuño, a Casa da Lectura acolle unha nova sesión de dinamización lectora. Nesta ocasión, os contos que se van ler son A carreira de sacos (editado por Xerais), Unha familia normal e As aventuras da mazá vermella (editados por Kalandraka).
Con tres obxectos fundamentais no desenvolvemento destes contos, xogaremos despois a varios xogos populares, un deles, claro está, a carreira de sacos.
A Casa da Lectura abrirá ás 17:30 horas e a actividade de dinamización lectora comezará a partir das 18:30 horas.

Estas son imaxes da sesión da semana pasada dedicada ás mentiras.

Facebook Twitter Digg Email

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *