Casa da Lectura publicado por

Contos en Cueiros despide a tempada cun concerto da Banda dos Cueiros

Contos en Cueiros despide a tempada cun concerto da Banda dos Cueiros
O venres 24 de maio, Contos en Cueiros celebrará o peche da tempada cun novo concerto da Banda dos Cueiros. Nesta ocasión, interpretarán cancións de animais para complementar o contacontos do mes de abril que estivera dedicado, precisamente, aos animais.

Importante

Se o tempo o permite, o concerto será ao aire libre, no exterior da Casa da Lectura, e haberá un único pase ás 18:00 horas.

Con todo, as persoas interesadas en inscribirse, deben enviar un correo electrónico a Espazo Lectura (espazolectura@espazolectura.org) no que se indique igualmente a qué pase se prefere ir (ao das 17:30 ou ao das 18:30 h), xa que en caso de que non estea bo tempo a actividade será dentro da Casa da Lectura e haberá dúas sesións.

O prazo de inscrición remata o mércores de 22 de maio. O xoves 23, as persoas ás que se lles confirme a inscrición, recibirán un email co horario definitivo da actividade.

contos_en_cueiros_maio_2013

Facebook Twitter Digg Email

Espazo Lectura