Contos mariños na Casa da Lectura a cargo de mozas do Comando Le

O mércores 6 de abril, na sesión de dinamización lectora da Casa da Lectura haberá unha sesión sobre o mar na que se lerán libros sobre peixiños como O peixe do Arco da Vella ou Non quero ser un polbo!. A sesión estará a cargo de catro mozas do Comando Le, a quen lle agradecemos a súa colaboración. A actividade comeza ás 18:00 horas e media hora antes aténdese o servizo de préstamo bibliotecario.

A semana pasada contamos coa colaboración especial de Ethan, un auxilar de conversa americano do colexio Souto-Donas. Ethan e Bea leron o conto Wolves, Ethan en inglés e Bea en galego, e despois escoitamos a historia de Lobo Feroz. Para rematar fixemos un obradoiro no que construímos un “un lobo distinto” seguindo as instrucións de Bea e Ethan. Estes lobos foron parar nunha postal para enviarlla ao bibliotecario da cidade onde vive Ethan. Picando aquí pódense ver as fotos dese día.