A Portada publicado por

Contos para coidar o medio, na Casa da Lectura

Contos para coidar o medio, na Casa da Lectura

Estreamos ano nos mércores da Casa da Lectura cunha sesión que xirará arredor da importancia de coidar o medio ambiente e de buscar solución comúns. Contaremos “Rana de tres ojos” e “A historia do Rainbow Warrior”, así como “O zoo de Xoquín” e a “Princesa do Caurel”.

A actividade comeza ás 18:00 horas e desde media hora antes aténdese o servizo de préstamo bibliotecario.

Na última sesión de 2017, Carmen Campos converteu a Casa da Lectura nun bosque outonal. Pechade os ollos e pensade na Casa da Lectura: libros e máis libros, andeis, caixas, mesas, cadeiras… Agora, abrídeos e veredes: unha chea de árbores grandes e pequenas; unha casa (a de Petra e Flora, protagonistas do conto que escoitamos) cos seus tixolos, ventás, tellado; as mesmísimas Petra e Flora. De súpeto, as árbores abriron as súas copas e deitaron no chan as súas follas. Neste momento, todas esas follas polo chan… FESTA RACHADA!!! Empezamos a botar as follas por riba da cabeza, a andar a rebolos polo chan entre as follas… Foi fantástico!
Facebook Twitter Digg Email

Espazo Lectura