A Portada publicado por

Contos para o Entroido, na Casa da Lectura

Contos para o Entroido, na Casa da Lectura

Na sesión de dinamización lectora do mércores 11 de febreiro contamos contos para o Entroido: Bajo las estrellas; Nicomedes, o pelado, e A máscara do león. No obradoiro repartimos un antiface a cada un dos 20 nenos e nenas que nos acompañaron e decorárono con gomets. Logo cada un colleu unha máscara e decoráronas ao seu gusto coa técnica do puntillismo.

Todos os mércores pola tarde realízase na Casa da Lectura unha actividade de dinamización lectora dirixida a nenas e nenos de 3 a 10 anos. Esta actividade, que se creou en maio de 2009, comeza ás 18:00 horas.

Na sesión da semana pasada lemos Brancos e negros e Elmer, ambos contos do mesmo autor, David Mackee. Cantamos unha canción e fixemos entre todos un poema que remataba así: Se todos fósemos iguais habería menos bicos de cores. Estas son as imaxes dese día.

Facebook Twitter Digg Email

Espazo Lectura