A Portada publicado por

Contrapaso no Club Lecturas Debuxadas

Contrapaso no Club Lecturas Debuxadas
O cómic proposto para o mes de xaneiro será Contrapaso, los hijos de los otros, de Teresa Valero. Contrapaso é un cómic de suspense ambientado no Madrid dos anos 50, onde se entrelazan varias historias que se van descubrindo no proceso dunha investigación periodística.
Será o martes, 18 de xaneiro, a partir das 20:00h, na Biblioteca pública de Gondomar. Contaremos coa autora, Teresa Valero. (Para participar nesta sesión a través de videoconferencia hai que enviar un correo a lecturasdebuxadas@gmail.com).

Club Lecturas Debuxadas 21/12/2021

No mes de decembro o cómic proposto foi O Pexego Mecánico, de Víctor Tizón. Unha historia surrealista onde se contan as peripecias de Aniceto despois de que veña a morte a buscalo. Aniceto non sabe moi ben se está morto ou non e vai falando con distintos personaxes tentando saber onde está e que pode facer.
Unha banda deseñada que sorprende en cada páxina, con referencias a personaxes reais e culturais, aínda que o protagonista se trabuca constantemente, que provoca que o lector se atope tan perdido como o personaxe principal. Aínda así, faise imposible parar de ler, vaise na procura do que vai ocorrer.
Na segunda parte contamos co autor, Víctor Tizón, co que comentamos a historia e procuramos todas as referencias, as reais e as que se terxiversan. Tamén quedamos abraiados polo proceso de creación artesanal do debuxo e, sobre todo, da rotulación, sen axuda de ningunha tipografía informatizada. Conversamos con Víctor sobre o final do cómic, que ía ser outro, do protagonista, “un pailanciño”, e da gran dose de humor que impregna o libro.

Facebook Twitter Digg Email

Espazo Lectura

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com