Convocatoria de asemblea xeral extraordinaria

Os socios e socias de Espazo Lectura están convocados a unha asemblea xeral extraordinaria da asociación o sábado, 6 de maio de 2017, na Aula de Cultura Ponte de Rosas (Avda. da Feira No 10, Baixo), ás 11:00h, en primeira convocatoria, e ás 11:30h., en segunda convocatoria, con acordo á seguinte orde do día:

1. Relación institucional do Concello de Gondomar con Espazo Lectura.

Dada a excepcional transcendencia que ten o tema a tratar para o futuro da asociación, prégase a asistencia de todas as persoas asociadas.