«Cooperacontos», contos cooperativos para o último Contos en Cueiros do ano

Este venres 14 de decembro, Contos en Cueiros celebra a última sesión do ano, que leva por título Cooperacontos. Será unha sesión sorprendente e moi creativa, na cal os contos sairán de caixas sorpresa.

A actividade comeza ás 18:00 horas na Casa da Lectura e precisa inscrición previa.

Criterios de inscrición

Contamos cun aforo limitado a 15 bebés acompañados de 1 persoa adulta. Os criterios de inscrición son os seguintes:

– Terán prioridade os fillos/as de socios e socias de Espazo Lectura, por orde de inscrición.

– Para inscribirse cómpre enviar un correo a contosencueiros@gmail.com e facilitar:

– o nome do bebé
– o ano denacemento: nenos/as de 0 a 3 anos nacidos en 2016 ou despois
– o nome da persoa adulta que o vai acompañar
– un teléfono de contacto (para avisar en caso de quedar en lista de espera)
– en caso de ser socios/as, o nome do socio/a

– Todas as persoas que se inscriban deben esperar un correo de confirmación para saber se finalmente teñen praza. Ese correo enviarase o día en que remata o prazo de inscrición, o MARTES anterior á sesión.

Deseguido pódense ver as imaxes da anterior xuntanza, dedicada á estimulación sensorial xogando con elementos do outono.

CONTOS EN CUEIROS, 2018/11/30