«Cordas», na Casa da Lectura

Este mércores 25 de outubro, a sesión semanal de dinamización lectora da Casa da Lectura, xirará arredor do conto e a curtametraxe «Cuerdas», de Pedro Solís. A actividade comeza ás 18:00 horas e media hora antes aténdese o servizo de préstamo bibliotecario.

Nico chega novo á clase de María. Ninguén lle fai moito caso porque é moi calado, non corre, non salta, é un neno especial… Pero María sabe ver máis alá, e inventa a maneira de xogar con el ao fútbol, ás palmas… Na Casa da Lectura achegarémonos a esta conmovedora historia sobre a amizade e a discapacidade a través do conto e da curtametraxe “Cuerdas”, gañadora do Premio Goya 2014 á mellor curtametraxe de animación.

A continuación pódense ver as fotos da sesión da semana pasada.

Casa da Lectura 2018-10-17