A Portada publicado por

Crocodilos na Casa da Lectura

Crocodilos na Casa da Lectura

Este mércores, na sesión de dinamización lectora da Casa da Lectura, achegarémonos a un río tropical e alí poderemos recoller información sobre os crocodilos. Leremos “O crocodilo” (ed. Combel), “Croco” (OQO) e “Pilú, pilú” (OQO). Estaremos alí a partir das 17:30, como todos os mércores, para que se poida facer uso do servizo de préstamo. Ás 18:00 h comezará a actividade de dinamización.
Na sesión da semana pasada lemos contos que falan de bolboretas: “Rita”, “Oso atrapabolboretas”, “A viaxe das bolboretas” e “A mazá e a bolboreta”. Na segunda parte da sesión, coa axuda dunha piñata moi especial, puidemos descubrir un poema de Antonio García Teijeiro e enchelo de bolboretas… e dalgunhas larpeiradas! Estas son as fotos da sesión.

Facebook Twitter Digg Email
1

Espazo Lectura