Dar de Ler 2013. Crónica en imaxes

O venres 26 de abril celebrouse o VI Dar de ler coma quen dá de beber, un dos actos centrais da Semana do Libro e a Lectura. Nesta ocasión, o lugar escollido para celebrar a sesión de lecturas compartidas en voz alta foi o albergue Nornas Hostel, onde unhas 30 persoas leron fragmentos de obras escollidas por elas mesmas para compartir cos demais e recomendar. O acto púidose seguir en directo vía Twitter.