«Degenerado», de Chloé Cruchaudet, no Lecturas Debuxadas de maio

O próximo martes 15 temos a sesión do Club Lecturas Debuxadas na que comentaremos a obra «Degenerado», da autora Chloé Cruchaudet, a historia real dun desertor da I Guerra Mundial que se travestiu para poder pasar desapercibido polas rúas de París. A obra foi gañadora do prestixioso premio do público de Angoulême.

A sesión será na Casa da Lectura a partir das oito da tarde.

No mes de abril, o club Lecturas Debuxadas reuniuse na xamonería Catro Camiños para comentar «Door», con guión de Antonio Martínez Ron e debuxo de David Cuence. «Door» é una BD de ciencia ficción futurista, na cal a raza humana se enfronta ao conflito da modificación artificial das súas capacidades sensoriais como medio para adaptarse e poder explotar novos mundos. Pero… como afecta esta alteración dos sentidos á maneira de ser e de sentir? Unha interacción distinta co mundo faríanos unha clase distinta de humanos? Antonio Martínez Ron, coñecido divulgador científico, expón esta pregunta ao tempo que fala sobre a diferenza entre percepción e realidade. Na segunda hora, acompañounos o ilustrador David Cuence, co que falamos sobre a obra, sobre a edición e sobre os desafíos aos que se enfrontou ao realizar este seu primeiro cómic. Deseguido pódense ver as imaxes dese día:

Lecturas Debuxadas 24/04/2028