A Portada publicado por

Desembarco pirata, na Casa da Lectura

Desembarco pirata, na Casa da Lectura

A sesión de dinamización lectora deste mércores 13 de novembro na Casa da Lectura xirará arredor dos piratas. Leremos contos, cantaremos e xogaremos.Podes vir con algunha prenda de pirata ou non, ti decides! Vés navegar?
Coa tripulación que iremos formando a través dos contos, acompañados da rima e do ritmo, afondaremos no coñecemento do mundo máxico dos piratas, cunha ollada que pretende desfacer a imaxe idealizada que temos deles. Falaremos da felicidade, da importancia de comprender os sentimentos e de cambiar o rumbo do noso barco, e tamén de loitar, se fai falla, contra as adversidades.

A actividade comeza ás 18:00 horas e dende media hora antes aténdese o servizo de préstamo bibliotecario.

Estas imaxes correspóndense coa sesión do 6 de novembro, dedicada aos puntos.

Casa da Lectura 06/11/19

Facebook Twitter Digg Email

Espazo Lectura

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com