A Portada publicado por

Despedimos o ano con danzas do mundo, na Casa da Lectura

Despedimos o ano con danzas do mundo, na Casa da Lectura

Este mércores, 14 de decembro,  terá lugar a última sesión de dinamización lectora do ano 2016 na Casa da Lectura. Para celebralo, contaremos coa bailarina Mercedes Prieto que virá presentarnos o libro Zampadanzas do mundo. Danzas á carta. Se queredes vir bailar con nós, a sesión comezará ás 18:00 horas e dende media hora antes atenderase o servizo de préstamo bibliotecario.

A semana pasada lemos contos sobre a lúa e, como xa está moi preto o Nadal, fixemos campás reutilizando cápsulas de café. Nesta ligazón pódesen ver as fotos dese día: https://goo.gl/photos/EAMEFBzwK5i5egdF7

Facebook Twitter Digg Email

Espazo Lectura