Devoramos libros no Contomar

A Biblioteca de Gondomar acolle unha nova sesión do Contomar (o contacontos de Espazo Lectura para nenos e nenas a partir de 3 anos) o luns 30 de novembro ás 18:00 horas. Algúns dos contos que se van ler son: O incribe neno devorador de libros, Gústame o chocolate ou Os ratos da casa.

A semana pasada foron moitos os cativos e cativas que viñeron escoitar os contos que se contan no sofá vermello do Contomar, e mesmo unha cativa se atreveu a dedicarlle un conto á súa irmá no sofá! Estas son as imaxes dese día.