A Portada publicado por

“División azul”, de Fran Jaraba, no Lecturas Debuxadas de marzo.

“División azul”, de Fran Jaraba, no Lecturas Debuxadas de marzo.

O Club Lecturas Debuxadas celebra o mércores 17 de marzo, ás 20:00 horas, unha nova xuntanza para falar da obra “División azul”, de Fran Jaraba. Cóntase a historia de Santi, mozo comunista que se alista na División Azul para chegar a conseguir os planos da bomba atómica alemá para facerllos chegar a Rusia.

Será por videoconferencia, a partir das 20:00h. O enlace da videoconferencia enviarase a través do grupo de Telegram. Para apuntarse no grupo de Telegram, e participar na actividade, hai que enviar un correo a lecturasdebuxadas@gmail.com

Na sesión de febreiro comentamos a obra “A carreta do diaño”, de Fernando Llorente, o cómic que acadou o X premio Castelao de Banda Deseñada.

Cunha orixinal estrutura de dúas viñetas por páxina, cóntase a historia dunha orde relixiosa que se atopa na súa ruta co Santo Oficio e cun misterioso soldado. Sen máis pretensión que acompañar unha narración duns monxes na súa carreta na procura das portas do paraíso, lemos un conto de camiño, no que non alcanzarán o que buscan, aínda que o importante é o propio movemento.

Fernando Llorente compartiu no encontro a súa forma de traballar, e como o ritmo narrativo foi o adecuado para poder realizar a obra.

Club Lecturas Debuxadas 23/02/2021

Facebook Twitter Digg Email

Espazo Lectura

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com