Novas da asociación publicado por

El Patito Editorial, novo socio protector de Espazo Lectura

El Patito Editorial, novo socio protector de Espazo Lectura


Dende Espazo Lectura damos a benvida e agradecemos a súa colaboración e compromiso co noso proxecto de dinamización lectora a El Patito Editorial, que se incorpora como socio protector da asociación.
El Patito Editorial nace en 2007 co obxectivo de publicar obras de debuxantes galegos tanto en galego coma en castelán, recuperar os clásicos da historieta galega e publicar obras de especial interese, tanto de autores españois coma estranxeiros.

Os socios protectores de Espazo Lectura son, segundo os propios estatutos da organización, “aquelas persoas físicas ou xurídicas que, a xuízo da Xunta Directiva, contribúen materialmente e de forma notable ao sostemento da asociación”. El Patito Editorial súmase así a outras editoriais que xa forman parte de Espazo Lectura como Ir Indo, Rinoceronte, Patasdepeixe, Edicións do Cumio, Galaxia, Kalandraka, OQO, Rodeira e Xerais. Deste xeito, entre editoras, empresas culturais como Berrobambán e centros de ensino, Espazo Lectura suma xa 21 socios protectores aos que a asociación lles quere expresar o agradecemento polo seu apoio.

Facebook Twitter Digg Email

You must be logged in to post a comment.

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com