Elvira Riveiro reúnese de novo co Comando Le

Este próximo sábado 20 de decembro terá lugar na Casa da Lectura a 2ª parte do obradoiro de creación Con nocturnidade e poesía, impartido pola poeta Elvira Riveiro, que xa se reunira cos membros do Comando Le o pasado 29 de novembro. Esta nova sesión do Comando Le, o grupo de activismo cultural de Espazo Lectura para rapaces e rapazas de máis de 12 anos, comezará ás 20:00h e rematará ás 00:00h, cunha pausa para cear xuntos.
 
Logo destas dúas xuntanzas con Elvira Riveiro,  vaise celebrar en xaneiro un obradoiro de encadernación que permitirá que cada comandoleiro ou comandoleira faga o seu propio libro cunha selección dos textos elaborados no obradoiro de creación.
 
Deixámosvos a continuación algunhas imaxes do anterior encontro con Elvira Riveiro.