A Portada publicado por

Emma Pedreira, gañadora do Premio Xerais 2018, participa no club de lectura Sete Vidas para comentar «Besta do seu sangue»

Emma Pedreira, gañadora do Premio Xerais 2018, participa no club de lectura Sete Vidas para comentar «Besta do seu sangue»
Este sábado 9 de febreiro o Sete Vidas reunirase ás 12:00 do mediodía na libraría Libraida de Gondomar para falar da novela “Besta do seu sangue” de Emma Pedreira. Contaremos coa presenza da autora.
Gañadora do premio Xerais 2018, “Besta do seu sangue” retoma a historia de Manuel Blanco Romasanta desde unha perspectiva que cuestiona a versión oficial da historia.
O 10 de xaneiro celebramos no Keik Café a primeira sesión deste ano do Sete Vidas. Nesta ocasión falamos da novela “O ano da lebre” do escritor finlandés, recentemente falecido, Arto Paasilinna.
 A novela gustou moito entre as persoas asistentes. Coincidimos en que as súas absurdas situacións nos fixeran sorrir pero, ao mesmo tempo, tamén reflexionar sobre os seus temas centrais: a fuxida, a soidade e as tóxicas relacións do ser humano coa natureza. Estes temas, reiterados en toda a obra de Paasilinna, son os que máis nos deron que falar.
Estas son as imaxes dese día:

Sete Vidas 10/01/19

Facebook Twitter Digg Email

Espazo Lectura

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com