Emocionaria, na Casa da Lectura

Este mércores 7 de marzo, a partir das seis da tarde, a Casa da Lectura acollerá a sesión que tivemos que adiar hai unha semana. Trátase dunha sesión de cor e sentimentos. Seremos quen de poñer en orde a ledicia, a tristeza, a sorpresa, o medo, a calma ou a ira? Leremos os contos “O monstro de cores”, “Inés del revés” e “Así es mi corarón” e remataremos cantando a canción “Vaia lea coas emocións!”

A semana pasada, foron Iván, Sandra e Xoán, pais e nai que asistiron á sesión, as persoas encargadas de ler os contos: estes foron “Pulguiña”, “A viaxe das bolboretas” e “Señorita Pluma”. Logo fixemos unha pluma para participar no 2ª Campionato de Soprido de Pluma da Casa da Lectura. Desputáronse seis carreiras nas distintas categorías: equipo coordinador, nenos e nenas, pais e nais. Foi moi divertido! Estas son as fotos dese día:

Casa da Lectura, 2018/02/28