A Portada publicado por

“Emocionaria” na Casa da Lectura

“Emocionaria” na Casa da Lectura

O vindeiro 21 de febreiro, na sesión dos mércores da Casa da Lectura, faremos unha sesión de cor e sentimentos. Seremos quen de poñer en orde a ledicia, a tristeza, a sorpresa, o medo, a calma ou a ira? Leremos os contos “O monstro de cores”, “Inés del revés” e “Así es mi corarón” e remataremos cantando a canción “Vaia lea coas emocións!”. A sesión comeza ás 18:00 horas e dende as 17:30 aténdese o servizo bibliotecario.
Na sesión do 7 de febreiro celebramos o décimo aniversario de Espazo Lectura apagando as candeas da torta da Mosca Chosca, que nos agasallou cun delicioso corazón de gominola. Logo recibimos un ser alado, pecoso e con pericos que resultou ser Natalia. Leunos “Maruxa” e “Cando as nenas voan alto” e amosounos como, grazas ao señor Se Queres Podes, podemos despregar as ás e voar perseguindo os nosos soños. Logo de preguntar qué queriamos ser cando fósemos maiores, convidounos a facer un corazón alado de papiroflexia no cal gardar os nosos dexesos de futuro.
Estas son as fotos dese día:

Casa da Lectura, 2018/02/18

Facebook Twitter Digg Email

Espazo Lectura