A Portada publicado por

En marzo, poesía no Lendo Contigo

En marzo, poesía no Lendo Contigo
O vindeiro sábado 25 de marzo celebramos a poesía no Lendo Contigo, e farémolo coa obra Versos da tarde laranxa, de Ana María Fernández (Galaxia). Esta autora xa nos visitou no ano 2009, e volve para compartir con nós a maxia da poesía.
A sesión, coma sempre, terá lugar ás 12:00h na Biblioteca Municipal de Gondomar. Agardámosvos!
No mes de febreiro gozamos coa obra Balea, de Federico Fernández e Germán González (Kalandraka), obra que obtivo a mención do xurado do VII Premio Internacional Compostela de álbum Ilustrado. Visitounos un dos seus creadores, Fernández, que nos explicou o seu día a día neste submarino e falounos dos seres que habitan en Balea.  Tamén tivemos a sorte de coñecer grandes inventos que utilizan: un tradutor a todos os idiomas, unha caixa chea de música… todo eles aínda sen comercializar.

Na segunda parte da sesión, cada neno realizou co ilustrador un habitante de Balea, utilizando uns moldes e pintura, e os nenos e nenas do Lendo levaron un orixinal de Balea chulísimo e asinado polo autor. Sen dúbida, unha interesante achega ao mundo da ilustración.
-1
Facebook Twitter Digg Email

Espazo Lectura