A Portada publicado por

Enchemos de cores a Casa da Lectura

Enchemos de cores a Casa da Lectura

Este mércores 16 de novembro, na sesión de dinamización lectora da Casa da Lectura veñen visitarnos Pequeno Azul e Pequeno Amarelo, así que aproveitando a súa visita, intentaremos descubrir de que cor son os bicos co libro De que color es un beso?. Ademais, porémoslle un pouco de música a tanta cor.

Na sesión da semana pasada lemos dous contos de Quentin Blake: Os petos de Loreto e Míster Magnolia, a quen lle falta unha bota. Como ninguén lle quería emprestar a súa, tivemos que facerlle unha de papel. Aquí pódense ver as fotos da sesión.

Facebook Twitter Digg Email

Espazo Lectura