Encontro co escritor Manuel Veiga na libraría Libraida

O xoves día 7 de abril, a libraría Libraida de Gondomar organiza un encontro co escritor Manuel Veiga Taboada, autor de “Manuel María, buscando un país” (Edicións Xerais) e “Manuel María. Vida, versos e rebeldía” (Edicións Xerais). O acto comezará ás 20:30 horas.