A Portada publicado por

Érica Esmorís descóbrenos “O poder de Amabel” no Lendo Contigo

Érica Esmorís descóbrenos “O poder de Amabel” no Lendo Contigo

O sábado 22 de febreiro ten lugar a xuntanza mensual do club de lectura compartida Lendo Contigo. Nesta ocasión, estará con nós a escritora Erica Esmorís para falarnos da súa novela O poder de Amabel (Sushi Books). A sesión é na Biblioteca de Gondomar ás 12:00 horas.

Todos os membros da familia de Amabel teñen superpoderes: unha forza descomunal, a velocidade do raio, unha abraiante intelixencia ou mesmo a capacidade de facerse invisible. Pero Amabel aínda non sabe cal é a súa habilidade extraordinaria. Para descubrilo, embarcarase en aventuras ben peculiares.

No último Lendo Contigo falamos de O raposo e a mestra e visitounos o seu autor, Manuel Rivas. Ao remate da conversa con Rivas, A Banda dos Cueiros interpretou as cantigas que aparecen mendionadas no conto. Estas son as imaxes que se tomaron ese día e un par de vídeos.

Facebook Twitter Digg Email

Espazo Lectura