«Eroski Paraíso», da compañía de teatro Chévere, no Sete Vidas de maio, que contará coa presenza de Xesús Ron

Este xoves 2 de maio o Sete Vidas reunirase ás 20:00 na Casa da Lectura (Nogueira 8, Donas) para falar de «Eroski Paraíso» de Chévere (Editorial Kalandraka). «Eroski Paraíso» é unha comedia documental que explora a memoria colectiva e a deriva vital a partir de historias reais recollidas sobre a sala de festas O Paraíso de Muros.
Contaremos coa presenza do director Xesús Ron.
O pasado 4 de abril o Sete Vidas reuniuse na Casa da Lectura para falar de «A Cámara do Sangue e outros relatos» de Angela Carter (Urco Editora), traducida por María Reimóndez. A tarde, chuviosa e fría, creou o ambiente perfecto para falar desta antoloxía de dez relatos baseados en contos tradicionais (Barbazul, Carapuchiña, A Bela e a Besta, O Gato con Botas…), recompostos desde unha óptica feminista. A estética e a linguaxe góticas danlle forma a uns relatos escuros e irreverentes que falan da sexualidade e a liberdade das protagonistas.
Na segunda parte estivemos acompañados por Andrea Jamardo e David Cortizo, editores da obra.