A Portada publicado por

Espazo Lectura celebra o Día do Libro cos centros de ensino do Val Miñor e o espectáculo «Canta connosco!» de Migallas Teatro

Espazo Lectura celebra o Día do Libro cos centros de ensino do Val Miñor e o espectáculo «Canta connosco!» de Migallas Teatro

Un ano máis, Espazo Lectura celebra cos centros educativos socios-protectores da asociación o Día do Libro. Este ano será o xoves 27 de abril, cando arredor de 450 nenos e nenas de nove colexios do Val Miñor asistirán ao espectáculo Canta connosco!, de Migallas Teatro, no auditorio municipal Lois Tobío, de Gondomar.

Esta é unha proposta anual que a asociación Espazo Lectura, coa colaboración do Concello de Gondomar, lles ofrece aos centros socios-protectores en agradecemento polo seu apoio e axuda durante todo o ano. Con esta actividade rematará a Semana da Reivindicación Lectora durante a cal, cada día, e en cada unhas das distintas actividades da asociación, se celebrou e se puxo en valor o libro e a lectura.

Facebook Twitter Digg Email

Espazo Lectura