A Portada publicado por

Espazo Lectura celebrará o vindeiro sábado Asemblea Xeral Ordinaria e Asemblea Xeral Extraordinaria

Espazo Lectura celebrará o vindeiro sábado Asemblea Xeral Ordinaria e Asemblea Xeral Extraordinaria

O vindeiro sábado 12 de marzo, Espazo Lectura celebrará tanto a súa Asemblea Xeral Ordinaria como unha Asemblea Xeral Extraordinaria na que se elixirá unha nova Xunta Directiva. Espazo Lectura anima a todos os socios e socias a participar en tan importante evento.

Por encomenda da Presidenta de Espazo Lectura convócase a Asemblea Xeral Ordinaria da asociación e a continuación unha Asemblea Xeral Extraordinaria, ambas as dúas o mesmo día e ambas as dúas na Casa da Lectura (Nogueira 8, Donas, Gondomar).

A Asemblea Xeral Ordinaria celebrarase o sábado 12 de marzo de 2016, a partir das 11:00h en primeira convocatoria e a partir das 11:30h en segunda convocatoria, no lugar indicado baixo a seguinte

ORDE DO DÍA

1. Lectura e aprobación, se procede, da acta anterior.
2. Altas e baixas de socios.
3. Memoria de actividades do ano 2015
4. Memoria económica do ano 2015
5. Varios.
6. Rogos e preguntas.

 

A Asemblea Xeral Extraordinaria celebrarase tamén o sábado 12 de marzo de 2016, a partir das 12:30h en primeira convocatoria e a partir das 13:00h en segunda convocatoria, no lugar indicado, cun punto único e baixo a seguinte

ORDE DO DÍA

1. Elección da nova Xunta Directiva de Espazo Lectura.

Tal e como está establecido no artigo 14.3 dos estatutos, o prazo de presentación de candidaturas á Xunta Directiva remata 24 horas antes da celebración da Asemblea Xeral Extraordinaria convocada para este fin.

Prégase a asistencia de todos e todas os socios e socias.

Facebook Twitter Digg Email

1 Comment