Espazo Lectura deséxavos boas festas e o mellor dos futuros para o ano 2018

Desde Espazo Lectura desexámosvos boas festas e o mellor dos futuros para o ano 2018. Esperamos seguir compartindo moitas lecturas, actividades e todo o traballo que poidamos desenvolver a favor da lectura, da educación, da cultura, da integración, da xustiza e, en definitiva, da creación dun mundo mellor.

Nesta ocasión, a nosa postal de fin de ano dedicámola a reivindicar unha biblioteca digna para Gondomar. A estas alturas do século XXI, parécemos que é unha demanda ben humilde.  Queremos, tamén, aproveitar para agradecer a todas as persoas asociadas e ás entidades socias colaboradoras o apoio a este proxecto colectivo no que estamos embarcados, pois non sería posible sen o vosa participación.

Bo ano e boas lecturas!