Espazo Lectura é .gal

Desde mediados do pasado mes de decembro, Espazo Lectura uniuse a .gal, o dominio galego para internet. O dominio tradicional da asociación, que era .org (espazolectura.org), sigue a funcionar pero desvía aos internautas ao novo enderezo web de Espazo Lectura: espazolectura.gal

Con esta inciativa, Espazo Lectura súmase ao emprego e reivindicación dun dominio propio para Galicia que nos proporciona visibilidade e identidade. Desde Espazo Lectura, queremos agradecerlle a Pumpún Dixital o servizo de actualización e tranferencia entre ambos os dous dominios.