Espazo Lectura, finalista nos Premios da Iª Gala do Libro Galego

Este sábado 14 de maio, ás 19:30 horas, vaise celebrar no Teatro Principal de Santiago de Compostela a primeira Gala do Libro Galego na que se fallarán os Premios nos que Espazo Lectura é finalista na modalidade de Iniciativa cultural ou de fomento da lectura, xunto con Culturgal, Fundación Manuel María de Estudos Galegos e Praza dos Libros – Concello de Carballo.
O obxecto da Gala do Libro Galego é recoñecer a excelencia do traballo literario realizado no ámbito editorial ao longo do ano 2015 en Galicia nas súas diversas modalidades.
As obras literarias e iniciativas socio-culturais foron escollidas polas bases asociativas das tres entidades convocantes (AELG, Asociación Galega de Editores e Federación de Librarías de Galicia), e as gañadoras serán elixidas por un xurado externo e dadas a coñecer no transcurso da Gala do Libro Galego.