Espazo Lectura, finalista por segundo ano consecutivo na Gala do Libro Galego

A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG), a Asociación Galega de Editoras (AGE) e a Federación de Librarías de Galicia deron a coñecer hai un mes as obras e iniciativas finalistas da Gala do Libro Galego 2017, un galardón co que se pretende recoñecer a excelencia do traballo literario realizado no ámbito editorial ao longo do ano 2016 en Galicia.

O ano pasado, Espazo Lectura foi recoñecida como Mellor Iniciativa Cultural e de Fomento da Lectura e este ano volve estar nominada entre as seis mellores iniciativas culturais do país, xunto co Salón do Cómic da Coruña, o Ciclo Vermú entre libros (Libraría Paz), Chan da Pólvora, o Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra e o Festigal.

O próximo sábado día 20 daranse a coñecer os galardóns nas distintas modalidades durante unha gala que se celebrará no Teatro Principal de Compostela e á que acudirá unha representación de Espazo Lectura.

Máis información sobre o evento na seguinte ligazón: http://www.aelg.org/actividades/gala-do-libro-galego/2017/5/20/gala-do-libro-galego-2017