Espazo Lectura, recoñecida como mellor iniciativa cultural ou de fomento da lectura na Iª Gala do Libro Galego

Ao longo do serán do sábado 14 de maio celebrouse no Teatro Principal de Santiago de Compostela a primeira Gala do Libro Galego na cal Espazo Lectura foi recoñecida como mellor iniciativa cultural ou de fomento da lectura. Dende Espazo Lectura queremos agradecer a todos os socios e socias, socios protectores e ao voluntariado pola lectura todo o apoio e horas de traballo dedicadas, co único interese de constribuír a crear sociedade lectora e, polo tanto, mellor sociedade.

2 comentarios

Os comentarios están cerrados.