Actividades publicado por

Espazo Lectura no Centro de Día Atalaia

Espazo Lectura no Centro de Día Atalaia

Espazo Lectura colaborou co Centro de Día Atalaia de Vigo realizando unha sesión de contacontos a cargo de Rosana Estévez. A páxina web do Consorcio Galego de Servizos Sociais recolle así a noticia:

O Centro de día Atalaia de Vigo acolleu unha actuación de contacontos que reuniu a un público de moi diversas idades e procedencias. Así, entre os asistentes había dende nenos e nenas de 2 anos ata maiores que xa cumpriran os 99, e tamén persoas residentes na cidade pero procedentes de países como Marrocos, Senegal ou Romanía.

Así, unha contacontos da entidade Espazo de Lectura, unha asociación que fomenta a lectura e a consideración do libro como elemento socializador e educativo, relatou as historias “A que sabe a lúa”, “Cocodrilo”, “Cocorico” e “Coco e a lúa” e conseguiu divertir e facer rir a ese público tan diverso.

Esta actividade enmárcase nun programa desenvolvido dentre hai tres anos entre o Centro de día Atalaia e o Plan Comunitario de Teis, unha iniciativa que permite a nais procedentes doutros países e residentes en Vigo asistir a clases nun instituto mentres os seus nenos fan actividades cos maiores do Centro de día. Esta actividade transcurre durante o curso escolar dúas tardes á semana.

Moitas grazas a todo o persoal do centro Atalaia pola súa colaboración nesta experiencia. Estas son máis imaxes dese día, tomadas polo fotógrafo Manuel G. Vicente.

Facebook Twitter Digg Email

Espazo Lectura