Outras actividades publicado por

Espazo lectura organiza visitas escolares á exposición "As bases da banda"

Espazo lectura organiza visitas escolares á exposición "As bases da banda"

Hoxe mércores, 11 de novembro, dous colexios de Gondomar visitarán a exposición sobre o mundo do cómic “As bases da banda“, que se atopa na Biblioteca Municipal de Gondomar dende o 20 de outubro ata o 14 de novembro, xestionada por Espazo Lectura.
O alumnado gozará dunha visita guiada á exposición da man do equipo de Espazo Lectura e dun ilustrador convidado: o vigués Miguel Porto.

Ao longo da mañá haberá dúas sesións: unha ás 10.00 horas para o alumnado do CEIP Chano Piñeiro e outra ás 12.00 para o do CEP Xosé Neira Vilas de Gondomar.

Facebook Twitter Digg Email

Espazo Lectura

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com