Espazo Lectura participa na IV Xornada GÁLIX de Mediación lectora.

A Asociación galega do libro infantil e xuvenil, GÁLIX, celebra o día 3 de febreiro a IV das súas Xornadas Desfacendo a Raia, neste caso co tema de “Mediación lectora”.
Espazo Lectura estará presente coa intervención, ás 12:30h, da súa presidenta, Beatriz Núñez, que falará sobre “Espazo Lectura. Construtora de afectos literarios”.