Novas da asociación publicado por

Espazo Lectura participa nunha mesa redonda sobre tradución en Compostela

Espazo Lectura participa nunha mesa redonda sobre tradución en Compostela

Concha Costas, presidenta de Espazo Lectura, participa este sábado 29 de outubro nunha mesa redonda baixo o título “A tradución literaria: unha cadea de pensamento”, que organiza a Asociación Galega de Profesionais da Tradución e da Interpretación con motivo do Día Internacional da Tradución 2012. O acto terá lugar ás 18:00h no Kunsthalle (rúa da Conga, 8 – Santiago de Compostela) e nel preténdese favorecer unha reflexión sobre os distintos momentos da cadea de pensamento que é a tradución literaria. Espazo Lectura presentará a súa visión desde a perspectiva dos lectores e lectoras, tendo en conta a experiencia dos seus clubs de lectura. Ademais desta visión que achegará Concha Costas, na mesa redonda participarán tamén Antonio Martín (corrector), John Rutherford (tradutor), Manolo Bragado (editor) e Pablo Couceiro (libreiro), e actuará como moderadora Belén Regueira.

Facebook Twitter Digg Email

You must be logged in to post a comment.

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com