Novas da asociación publicado por

Espazo Lectura recolle o Premio Irmandade do Libro 2009 na modalidade de Fomento da Lectura

Espazo Lectura recolle o Premio Irmandade do Libro 2009 na modalidade de Fomento da Lectura

No momento da entrega a Espazo Lectura do XIX premio “Irmandade do libro” 2009 na modalidade de Fomento da Lectura, o xurado valorou a ampla oferta de actividades da nosa asociación (con 12 actividades mensuais) e a aposta pola implicación das familias na creación do hábito lector.
Pola súa parte, Concha Costas agradeceu aos socios e socias, tanto individuais coma protectores, o apoio decidido a esta iniciativa e destacou o traballo de normalización lingüística e cultural que tamén desempeña Espazo Lectura ao traballar fundamentalmente co libro galego e cos seus autores e autoras. Así mesmo agradeceu ao xurado e á Federación de Libreiros de Galicia a concesión do premio.

Dende aquí queremos felicitar ao resto de gañadores nas diferentes modalidades, que foron os seguintes:
Autor/a: Luz Pozo Garza.
Libro do ano 2009: A praia dos afogados, de Domingo Villar (Galaxia).
Obra editorial do ano 2009: Colección Contemporánea da editorial Rinoceronte.
Institucións: Asociación Cultural Monte Branco de Ponteceso.
Centros de ensino: CEIP San Martiño de Salcedo (Pontevedra).
Libraría: Porta da Vila de Viveiro.

Facebook Twitter Digg Email

1 Comment

  • Parabéns polo merecidísimo premio e polo magnífico traballo que estades a desenvolver.
    Apertas lectoras

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com