Espazo Lectura suspende os actos desta semana

Debido ao falecemento dunha persoa moi próxima de Espazo Lectura, decidimos suspender as actividades desta semana: a convocatoria de Contos en Cueiros (prevista para o venres) e a do Comando Le (prevista para o sábado). En canto sexa posible, daremos cumprida información da reposición das convocatorias.