Recomendamos publicado por

Espectáculo poético-musical con María Lado e Lucía Aldao no IES Auga da Laxe

Espectáculo poético-musical con María Lado e Lucía Aldao no IES Auga da Laxe

O salón de actos do IES Auga da Laxe (Gondomar) acollerá este próximo xoves 19 de marzo a partir das 20:30h o espectáculo poético musical Moita poesía, pouca diversión, a cargo das poetas María Lado e Lucía Aldao. Trátase dun recital poético diferente ao habitual, con música en directo, poemas propios, historias e moita participación dos asistentes, que terán a posibilidade de sorprenderse, rirse e emocionarse a partes iguais coa poesía. O acto, gratuíto para o alumnado do instituto, está aberto tamén a todas as persoas que queiran achegarse cunha entrada de 2€ que pode adquirirse xa na conserxería do instituto ou o propio día 19 ao comezo do espectáculo.

Este acto forma parte das actividades que organiza o IES Auga da Laxe, a través do Equipo de Dinamización e Normalización Lingüística e os Departamentos de Lingua Espazola e Lingua Galega, para conmemorar o Día Internacional da Poesía, que se celebra este próximo sábado 21 de marzo. A poesía estará tamén presente estas dúas semanas no instituto con outras actividades como unha exposición cunha selección de poemas publicados nestas últimas décadas ou unha acción poética que encheu de versos as paredes do instituto.

Facebook Twitter Digg Email

Espazo Lectura

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com