A Portada publicado por

Este luns 17 nova sesión do Contomar en Libraida

Este luns 17 nova sesión do Contomar en Libraida

O luns 17 de febreiro celebramos unha nova sesión do Contomar, contacontos para nenas e nenos a partir de 3 anos. Será na librería Libraida de Gondomar, a partir das 18:00h.
Esta sesión dedicarémola a contos que teñen como protagonistas gatos e ratos.
O mes pasado presentamos novos contos que nos chegaron da man dos nosos socios protectores e celebramos o Día da Paz: “A guerra dos Números”, “O segredo de avó oso”, “Cornelio” e “Elmer e o osiño perdido”.
Aquí pódese acceder á galería de imaxes dese día: Contomar 27.01.2020

Facebook Twitter Digg Email

Espazo Lectura

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com