Este luns, 22 de outubro, estréase o club de lectura feminista Daquelas que Len

Espazo Lectura bota a andar un novo club centrado na lectura e comentario de obras de diferentes xéneros dende un punto de vista feminista. O club chámase «Daquelas que Len», en homenaxe aos coñecidos versos de Rosalía de Castro.
Para a inauguración do club escolleuse un título breve e simbólico: «Todos teriamos que ser feministas», da autora nixeriana Chimamanda Ngozi Adichie, publicado en galego por Sushi Books.
A cita é na Casa da Lectura a partir das 20:00 horas.