Este luns non hai Contomar

Este próximo luns 11 de outubro o Contomar fará ponte e non celebrará a súa sesión semanal na Biblioteca Municipal. Volverá a atoparse con todos os nenos e nenas e coas familias o luns 18 nunha sesión na que escoitaremos, entre outras, a historia A vella Lulula e celebraremos o cumprecontos de Carolina co seu conto favorito, O pito cairo.

Deixámosvos aquí algunhas imaxes da sesión do pasado luns, 4 de outubro, coa que inauguramos a nova tempada deste contacontos semanal que Espazo Lectura organiza os luns, ás 18:00h, na Biblioteca Municipal.


Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *