Contomar publicado por

Este luns o Contomar estrea nova sala infantil

Este luns o Contomar estrea nova sala infantil

Este luns 10 de xaneiro volven, despois das vacacións do nadal, as sesións do Contomar que Espazo Lectura ofrece semanalmente na Biblioteca Municipal de Gondomar para nenos e nenas de máis de tres anos e as súas familias. A cita será, coma sempre, ás 18:00 horas e nesta ocasión os nenos e nenas que asistan poderán achegarse, entre outras, ás historias de Amora, As manoplas de Carapuchiña ou A cabra boba.

Inauguración do Recanto do Contomar
Ademais, o inauguraremos a nova sala infantil de dinamización da Biblioteca de Gondomar, o Recanto do Contomar, que acollerá a partir de agora as sesións semanais de contacontos. O elevado número de familias que participan cada semana nas sesións do Contomar e as limitacións de espazo que presenta a única sala da Biblioteca Municipal levaron a Espazo Lectura e ao Concello de Gondomar á necesidade de habilitar, como existe noutras moitas bibliotecas públicas, unha nova sala destinada ás actividades de dinamización dirixidas ao público infantil. A nova sala do Recanto do Contomar presenta un mobliario e unha distribución do espazo moito máis axeitados para a organización de actividades de dinamización e supón unha ampliación que é valorada satisfactoriamente tanto por Espazo lectura como pola concelleira delegada da Biblioteca Municipal, Teresa Pereira.

Facebook Twitter Digg Email

You must be logged in to post a comment.

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com