A Portada publicado por

Este mércores despedimos o ano na Casa da Lectura

Este mércores despedimos o ano na Casa da Lectura

Este mércores despediremos o ano sentindo os sons do bosque da man de Cé Orquestra Pantasma e “Boas noites, bufo!”, e quentarémonos coa súa música e “A mellor sopa do mundo”.
Se o tempo o permite imos deixar voar os nosos mellores desexos para o vindeiro ano e plantaremos un acivro que nos protexa medrando canda nós.
Temos proxectada unha sesión con exteriores, polo que é importante vir ben abrigada ou abrigado e cun bo calzado porque xa se sabe: o frío do inverno ten solución: a bufanda, o abrigo e a calefacción.

Os contos serán:” A mellor sopa do mundo” de OQO e “Boas noites, bufo” de Kalandraka.

Aquí tedes as imaxes da última sesión: Casa da Lectura 11/12/2019

Facebook Twitter Digg Email

Espazo Lectura

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com