Este mércores 16 na Casa da Lectura seremos artistas

Casa da Lectura acollerá este próximo mércores unha nova sesión de dinamización lectora na que nos converteremos en artistas da man dos libros do autor e ilustrador Eric Carle. A partir das historias de Queres xogar comigo?A xoaniña rosmona ou O artista que pintou un cabalo azul, achegarémonos ao universo de Eric Carle, dominado pola forza e a viveza das cores. A sesión comeza, como todos os mércores, ás 18:30h, pero a Casa da Lectura estará aberta xa desde as 17:30h.

Na sesión do mércores pasado foron tomadas as seguintes imaxes.

[embpicasa id=”5833729299477793409″]