Este mes, imos á granxa en Contos en Cueiros

O venres 24 de novembro temos unha nova xuntanza de Contos en Cueiros, a actividade de Espazo Lectura que busca achegar os libros e a lectura aos bebés de ata 3 anos. Nesta sesión iremos de visita á granxa, da man dos contos e as cancións. A cita será ás 18:00 horas na Casa da Lectura.

Criterios de inscrición

Contamos cun aforo limitado a 15 bebés acompañados de 1 adulto. Os criterios de inscrición son os seguintes:

– Terán prioridade os fillos/as de socios e socias de Espazo Lectura, por orde de inscrición.

– Para inscribirse cómpre enviar un correo a contosencueiros@gmail.com e facilitar:

  • – o nome do bebé
    – o ano denacemento: nenos/as de 0 a 3 anos nacidos en 2015 ou despois
    – o nome da persoa adulta que o vai acompañar
    – un teléfono de contacto (para avisar en caso de quedar en lista de espera)
    – en caso de ser socios/as, o nome do socio/a

– Todas as persoas que se inscriban deben esperar un correo de confirmación para saber se finalmente teñen praza. Ese correo enviarase o día en que remata o prazo de inscrición: MÉRCORES anterior á sesión ás 12:00 h do mediodía.

O mes pasado celebremos a sesión de presentación da nova tempada de Contos en Cueiros. Na primeira parte explicamos que é Espazo Lectura, en que consiste a actividade de Contos en Cueiros e falamos da importancia de que as persoas que acoden á actividade se impliquen nalgunha medida na organización. Tamén presentamos os materiais específicos para bebés que están dispoñibles para préstamo bibliotecario na Casa da Lectura. Na segunda parte, cantamos ladaíñas da tradición oral e tamén cantamos e lemos dous contos, a partir dos cales os bebés experimentaron con diferentes materiais que lles demos: primeiro construíron un ratiño e logo xogaron con rolos de cartón de refugallo, que nos regalara hai tempo o pai dunha nena que vén ás sesións. Estas son as fotos dese día:

<a data-flickr-embed=”true” data-footer=”true”  href=”https://www.flickr.com/photos/espazolectura/albums/72157687871858721″ title=”Contos en Cueiros, 2017/10/27″><img src=”https://farm5.staticflickr.com/4468/38067528622_23b40c14c8_z.jpg” width=”640″ height=”427″ alt=”Contos en Cueiros, 2017/10/27″></a><script async src=”//embedr.flickr.com/assets/client-code.js” charset=”utf-8″></script>