Este sábado, concerto-espectáculo teatral “A nena e o grilo” no auditorio Lois Tobío de Gondomar

Dentro do programa En clave de conto da campaña Bocaberta da SXPL, o sábado 19 de febreiro o auditorio Lois Tobío de Gondomar acollerá o concerto-espectáculo teatral A nena e o grilo, baseado no libro-CD homónimo editado pola editorial OQO. O concerto, dinamizado en Gondomar por Espazo Lectura, comezará a partir das 12.00 horas.

Este espectáculo vai dirixido ao público infantil e xeral. A entrada será de balde ata completar aforo.

O programa En clave de conto completarase o día 25 de febreiro, ás 18 horas, na Biblioteca Municipal cun obradoiro para as familias titulado “Eu falo así”, do que daremos máis información nos vindeiros días.

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *