Este sábado 19, Contos en Cueiros

Este sábado, 19 de xaneiro, a partir das 11:00 horas, Espazo Lectura organiza un novo encontro de Contos en Cueiros. Nesta ocasión, o lugar da cita é a Casa da Lectura.

Esta será a primeira sesión da actividade conducida polo voluntariado de Espazo Lectura. Nela, contaremos contos e cantaremos cancións cos bebés de 0 a 3 anos e cos seus papás e mamás.

Como o espazo da Casa da Lectura é relativamente pequeno, aconsellamos que se deixen os carriños no coche e que se traian os bebés no colo ou da man.

Recordamos como chegar á Casa da Lectura: