A Portada publicado por

Este sábado, nova sesión do Comando Le

Este sábado, nova sesión do Comando Le
Este sábado 19 de marzo a partir das 20:00h a Casa da Lectura acollerá unha nova sesión do Comando Le, o grupo de activismo cultural de Espazo Lectura dirixido a rapaces e rapazas de máis de 12 anos. Na primeira parte faremos unha sesión de traballo para comezar a preparar a IX Noite na Biblioteca, na que van colaborar novamente os comandoleiros e comandoleiras como monitores e axudantes. Logo da cea, os mozos e mozas traballarán en grupos para preparar montaxes e animacións en vídeo a partir de poemas.
Ademais, na sesión veremos os vídeos que gravamos en febreiro, cando os comandoleiros e comandoleiras se converteron en booktubers para recomendar diferentes lecturas. Estas son algunhas das imaxes daquela sesión:

Facebook Twitter Digg Email

Espazo Lectura